Amosando publicacións coa etiqueta SABÍAS QUE?. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta SABÍAS QUE?. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de outubro de 2026

O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS), centro mixto do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, convoca o VII Concurso de debuxo para centros escolares "Xosé Antón García G.-Ledo. Debuxando o noso patrimonio”, enmarcado na “Semana de la Ciencia y la Tecnología” que se celebrará durante o mes de novembro de 2026. A organización concede, a modo de homenaxe, o nome do certame ao recoñecido artista galego Xosé Antón García G.-Ledo (1949-2015), gran debuxante arqueolóxico e estudoso de Galicia.​ CONCURSO DE DEBUXO: DEBUXANDO O NOSO PATRIMONIO. Debuxar un monumento ou algún elemento que teña valor histórico ou arqueolóxico (igrexas, parques, esculturas, pazos, escudos...) de Santiago de Compostela. Técnica libre, pódese usar todo tipo de materiais (lapis de cores, acuarelas, ceras, témperas...). O debuxo deberá facerse nun soporte plano rectangular branco de formato DIN A4, horizontal ou vertical. Cada debuxo debe acompañarse dun TÍTULO e NON figurará nin o nome nin a firma. Os datos dos participantes os cubrirá D. Firuco noutra folla. O debuxo entregarase a D. Firuco durante o mes de outubro. O debuxo realizarase durante a clase de Arts, nos recreos e no tempo de lecer, poderase rematar na casa pero sen ningunha axuda familiar.


mércores, 3 de xuño de 2026

luns, 15 de setembro de 2025

Experimento do calor e das cores.

Arriba: camisetas de distintas cores baixo o sol.

Abaixo: unha cámara térmica mostrando canto calor absorbe cada unha.

Cores escuras (negro, azul, vermello): absorben mais luz solar e quéntanse mais, aparecendo en tons vermellos e amarelos brillantes na imaxe térmica.

Cores claras (branco, gris claro, verde pastel): reflexan mais luz, mantéñense frescas e aparecen en tons azuis e verdes. Este simple experimento confirma o que todos intuímos: en días calorosos, vestir roupa clara si te mantén mais fresco.